A CNMC propón unha rebaixa do 45% os prezos maioristas de Telefónica

martes, 31 de marzo do 2015 Redacción

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) fixo pública esta semana unha consulta cidadá sobre os prezos que outros operadores pagan a Telefónica por ter acceso á rede de fibra e cobre de seu en acceso indirecto. A proposta da Comisión consiste no seguinte: en rebaixar en case a metade (o 45%) o prezo por capacidade contratada en cada Punto de Acceso Indirecto (PAI). De darse isto, o prezo por capacidade situaríase en 8,07 euros (dos 14,56 actuais). A medida no só atinxiría a relación establecida até o de agora entre operadores, senón que tamén tería consecuencias directas entre os usuarios, máis polo miúdo no custe do servizo que asume o consumidor final.
A consulta pública, porén, non significa en sentido estrito que haxa un ditame (competencia do Goberno). Polo tanto, está aberta a marxe para a apertura de múltiples frontes, mesmo para Telefónica, que podería facer alegacións xunto aos restantes operadores.
A CNMC lembra, para que non o saiba, que o regulamento dos mercados de banda larga determina que os operadores poden pedir o acceso ás devanditas infraestruturas de Telefónica cun límite de velocidade de 30 Mbps. Tendo en conta o devandito, o prezo por conexión é un pago fixo mensual por usuario, e a situación varia se o acceso é de fibra óptica ou de cobre: a cota é de 19,93 euros para a fibra óptica e de 15,08 para o cobre.
A cuestión é que o aluguer da rede ten dous compoñentes: conexión e capacidade. A proposta da comisión afecta ao segundo compoñente, que supón até unha cuarta parte (25%) do custo final que soportan os usuarios polo acceso Internet. Trátase do prezo regulamentario que Telefónica cobra ao resto de operadores de telecomunicacións. O caso é que a CNMC busca limitar as taxas de rendibilidade en España de Telefónica.

PUBLICIDADE