A Aula TIC PEME da USC presenta un curso sobre o emprego de Facebook como ferramenta de imaxe empresarial
venres, 16 de maio do 2014
A Aula
TIC PEMEs da Universidade de Santiago anunciou estes días que
vai organizar un curso práctico sobre o emprego de Facebook como
medio para potenciar a imaxe 2.0 das empresas da nosa contorna. O
obxectivo, sinalan os responsábeis do departamento formativo, é
axudar a que os profesionais galegos melloren as relacións cos seus
clientes actuais, espertar a intención de compra de usuarios
potenciais así como incrementar o número de vendas a través de
descontos ou ofertas mediante o emprego da devandita rede social. O
curso é de natureza práctica e cen por cen en liña.
Respecto aos contidos,
inclúen entre outras cousas metodoloxías para crear e configurar
unha páxina en Facebook, publicar distintos tipos de información e
recomendacións básicas para que unha empresa “conecte co público
2.0”, xestionar estatísticas ou crear e avaliar anuncios dentro da
propia rede social.
A actividade terá unha
duración de 50 horas e celebrarase do 2 de xuño de 2014 ao 2 de
xullo de 2014. O prezo ascende a 60 euros. O curso dirixido
principalmente a PEME e autónomos, pero poderá acceder ao mesmo
calquera persoa interesada nesta temática. Aqueles participantes que
finalicen satisfactoriamente o obradoiro recibirán un diploma
acreditativo da Aula TIC PEMEs da USC. Para recibir máis información
ou para inscribirse, as persoas interesadas deberán enviar un correo
electrónico aatpemes@usc.es, incluíndo o seu nome e apelidos ou
ben, encher un formulario
online.