A AMTEGA fai balance da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal
mércores, 27 de maio do 2015
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA),
Mar Pereira, presentou hoxe o Balance da Axenda Dixital durante o Pleno do
Observatorio para a Sociedade da Información (OSIMGA), celebrado en Santiago,
dando conta da mobilización
por parte do Goberno galego de 1.275 millóns de euros durante o perÃodo
2009-2014.
Pereira subliñou que, seis anos de polÃticas TIC a través de
2014.gal permitiron á Xunta avanzar cara unha administración máis próxima á
cidadanÃa; facilitar ferramentas aos cidadáns para adaptarse aos cambios
sociais derivados das TIC; reforzar os recursos territoriais con proxectos
tecnolóxicos de calado en sectores estratéxicos para Galicia; impulsar a
dixitalización empresarial e universalizar a banda larga.
eAdministración
O Plan de Modernización da Administración autonómica está a conseguir unha
administración aberta á cidadanÃa as 24 horas do dÃa os 365 dÃas do ano. Neste
eido, a sede electrónica da Xunta xa permite presentar telematicamente máis de
800 procedementos, preto do 50% do total, fronte á situación inicial en que só
era posible realizar o 4%. Máis de 12.500 empregados públicos dispoñen sinatura
dixital. Os avances no Nodo de Interoperabilidade PasaXe! evitaron á cidadanÃa
a presentación de máis de 1 millón de copias de DNI e máis de 18.000
certificados de empadroamento.
As máis de 500 oficinas de Rexistro contan cun único sistema
de información e estase a iniciar a súa dixitalización. Este ano entrará en
funcionamento unha das pezas chave da eAdministración, o Arquivo Dixital
Integrado, que permitirá xestionar o ciclo de vida completo de cada documento.
En 2012 púxose en marcha o Centro de Proceso de Datos
integral (CPDi) de Galicia que xunto coa creación da AMTEGA, como entidade
única para a xestión das polÃticas tecnolóxica da Xunta, están a consolidar un
aforro anual de 6 millóns de euros en gasto tecnolóxico.
No eido xudicial, a execución do Plan Senda, permitiu que o
100% das salas xudiciais conten cun sistema de videoconferencia, que o 100% dos
órganos xudiciais dispoñan do sistema Lexnet de comunicacións electrónicas
seguras. Ademais, consolidouse o uso dos sistemas de información Minerva e
Fortuny e dixitalizouse o traballo dos forenses do IMEGLA e púxose marcha o
portal da Xustiza, que albergará a sede electrónica xudicial que entrará en
funcionamento este ano.
Adaptación aos cambios sociais
Actualmente, todo galego ten a media hora de distancia do seu fogar unha
das 98 aulas da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica
(CeMIT), que impartiu 147.700 horas de formación TIC gratuÃta entre 2011 e
2014. O Programa de Voluntariado Dixital (VOLDIX) estende a oferta pública de
alfabetización dixital a colectivos en risco de exclusión a todo o territorio,
grazas á achega de 103 entidades colaboradoras e máis de 400 voluntarios.
No ámbito educativo, o proxecto Abalar, posto en marcha no
ano 2010, posibilitou xa que preto de 52.000 alumnos de 531 centros estuden en
aulas dixitais. A posta en marcha neste curso 2014/2015 da plataforma eDixgal
de contidos dixitais gratuÃtos e accesibles sen conectividade, beneficia a
2.300 alumnos de 5º de primaria de 84 centros.
O grao de desenvolvemento tecnolóxico no ámbito sanitario
permite a Galicia abordar iniciativas como o H2050 e InnovaSaúde, o maior plan
de innovación sanitaria da historia de Galicia cun investimento de máis de 90
millóns de euros, orientadas a mellorar a prestación sanitaria e os servizos
asistenciais.
Este ano entrará en funcionamento a primeira versión da
Historia Social Única, un dos fitos do Plan Trabe para a modernización
tecnolóxica dos servizos sociais, permitirá acceder á información social
dispoñible da cidadanÃa de forma unificada
Reforzo dos recursos territoriais
Para contribuÃr ao fortalecemento dos sectores vinculados ao medio rural e
mariño deseñáronse iniciativas tecnolóxicas como o proxecto TICPESC, a Oficina
Agraria Virtual, o proxecto europeo STAMAR e o proxecto Videoguard.
Destaca tamén a posta en marcha do Plan Smart Turismo, para
evolucionar cara un sector turÃstico máis competitivo, participativo e
innovador e, no eido do Transporte, o inicio este ano da implantación do
Sistema de Axuda á Explotación da Mobilidade (SAE), para permitir unha mellor
xestión do transporte público de viaxeiros por estrada e unha eficiente
atención aos viaxeiros
Dixitalización empresarial
No relativo á modernización tecnolóxica do tecido empresarial, cómpre
destacar que dende a creación no ano 2011 do Centro Demostrador TIC de Galicia,
como punto de encontro entre a oferta do sector TIC e demanda dos restantes
sectores produtivos, levaba realizadas a finais de 2014 máis de 160 actividades
ás que asistiron máis de 1000 empresas.
No relativo ás medidas de impulso ao sector TIC destaca o
Pacto Tecnolóxico Dixital, que asinou o Goberno galego con 12 grandes empresas
do sector TIC e o Clúster TIC galego para cooperar no desenvolvemento dixital
de Galicia. A posta en marcha do centro de emprendemento TIC Galicia Open
Future ea extensión de cobertura 4G son as primeiras iniciativas postas xa en
marcha derivadas do Pacto.
No perÃodo 2009 - 2014, cunha achega pública de máis de 103
millóns de euros, mobilizáronse máis de 228 millóns de euros para potenciar o
sector da economÃa do coñecemento e a empresa dixital.
Universalización do servizo de banda larga
A posta en marcha do Plan Banda Larga permitiu que máis de 740.000 habitantes que carecÃan de cobertura de servizo de banda larga no ano 2009 dispoñan agora deste servizo. Asà as actuacións do Plan incrementaron a probación con cobertura de internet do 71% ao 98% a través de redes fixas e sen fÃos e o 2% restante a través de satélite. Desde finais de 2013 máis a 1,4 millóns de galegos teñen acceso a redes de nova xeración (NGA) de ata 200 Mbps, cumprindo con dous anos de adianto o obxectivo sinalado pola Axenda Dixital para España en materia de telecomunicacións e redes ultrarrápidas.
Novo itinerario tecnolóxico: Axenda Dixital de Galicia 2020
Finalmente, a directora da AMTEGA explicou que Galicia conta xa cun itinerario para artellar e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economÃa dixital. O pasado 30 de abril aprobouse no Consello da Xunta de Galicia a nova Axenda Dixital de Galicia 2020 cuns obxectivos renovados que establecen 20 desafÃos a cumprir no que resta de década e que mobilizará máis de 1.500 millóns de euros no perÃodo 2015 – 2020 entre fondos públicos e privados.