20 anos da Nintendo 64
xoves, 23 de xuño do 2016
- Mario Kart 64 foi un dos xogos de lanzamento da Nintendo 64
AÃnda que a meirande parte da poboación asocie o 23
de xuño coa Noite de San Xoán, os afeccionados xaponeses aos videoxogos teñen
outra celebración na mente: a chegada ao mercado da consola Nintendo 64 no ano
1996. Tal icónica consola tardarÃa case un ano en chegar a España, pero podemos
dicir que hoxe cumpre 20 anos esta consola que demostrou unha vez máis que
Nintendo vai ao seu ritmo nas consolas domésticas, e afastándose dos seus
competidores conseguiu consolidar unha plataforma moi sólida que, pese á
emerxencia da marca PlayStation, conseguiu consolidar un impresionante catálogo
de xogos.
Temos asà unha imaxe un tanto curiosa desta máquina, pois pese a que non
conseguiu ter un bo nivel de vendas (non chegou aos 33 millóns de unidades,
mentres que a PlayStation superou os 102 millóns), foi todo un escenario para a
innovación, dando pé a grandes xogos como Super
Mario 64 (un dos tÃtulos de referencia para os xogos de plataformas en tres
dimensións con xogabilidade de mundo aberto), GoldenEye 007 (considerado como un dos primeiros shooters en primeira persoa que
conseguiron funcionar ben nunha
consola de videoxogos, ou sexa, cunha interface de uso que non contase con
teclado e rato como sistema de control) e The
Legend of Zelda: Ocarina of Time (considerado por moitos crÃticos como o
mellor xogo de todos os tempos).
Unha consola digna de lembrar, que é todo un obxecto de culto para os seareiros
de Nintendo, conseguindo deixar clara a senda da compañÃa nipoa nas consolas
domésticas, que non parece buscar ser lÃder, e confórmase con ter uns bos
resultados sen mirar á competencia.