125.000 galegos completaron hoxe a súa transición á TDT
mércores 10 de marzo do 2010, por |
Esta mañá iniciouse, nas
provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra, a terceira e última fase do apagado
analóxico. Así, 125.000
galegos máis teñen acceso xa a TDT tras os apagados levados a cabo en doce
municipios das mencionadas provincias. Os acendidos dixitais desenvolvéronse
esta mañá sen incidencias técnicas salientables.
Neste sentido, en Lugo iniciouse esta terceira fase da implantación da
Televisión Dixital Terrestre (TDT) cos ceses analóxicos dos centros de
Monterroso e Taboada. Desta maneira, as localidades que se suman á cobertura da
TDT na provincia de Lugo pertencen aos concellos de Monterroso, Taboada, Palas
de Rei e Antas de Ulla, incluídos na area técnica de Páramo, cunha poboación
total de 13.747 habitantes.
Compre sinalar que ata o
momento son xa 15 os concellos lucenses incorporados á TDT. Nesta provincia
continuarán os ceses analóxicos o vindeiro día 22 onde beneficiaranse os
concellos de Ribeira de Piquín, Vilalba e Pol, con outros 18.000 habitantes. O
día seguinte, día 23 os concellos con TDT serán os de Becerreá, A Pontenova,
Viveiro e Ourol.
O resto de concellos
lucenses afectados por esta mellora terán o seu apagado o día 2 de abril.
Polo que se refire ás
provincias de Pontevedra e A Coruña, hoxe produciuse, tamén, o cese analóxico
e, polo tanto, a conseguinte incorporación á TDT de diferentes núcleos de
poboación dos concellos de Cangas, Oia e Bueu, así como en parte dos concellos
coruñeses de A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Dodro e Boiro, todos eles
pertencentes á área técnica de Domaio, e que suman un total de 111.800
habitantes.
Por outra parte, o
vindeiro día 15 deste mes os ceses analóxicos dos centros de As Neves e Arbo,
na provincia de Pontevedra, permitirán o acceso á TDT dos concellos de Arbo, As
Neves, Salvaterra, Ponteareas e Salceda de Caselas. En total nese día serán
48.176 os habitantes que se incorporarán á nova tecnoloxía.
Así mesmo, compre
lembrar que, para calquera consulta por parte da poboación, pode facerse a
través do teléfono 012 ou na páxina web da
Oficina Técnica da Televisión Dixital Terrestre.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















